Laudatio a D. Xosé Leonardo Lemos Montanet, bispo de Ourense
por Héitor Picallo
¡Ai daquel home e daquel pobo que se esquezan das súas raíces históricas, porque sentirán pouco medo ante o futuro e a súa mediocre instalación no presente será estéril!
Este mes de febreiro tomou posesión da cadeira episcopal da diocese de Ourense o profesor Xosé Leonardo Lemos Montanet (Barallobre-Fene, 1953). Alén do seu labor intelectual, pastoral e docente, Lemos sempre asombra polo seu apego social, pola súa naturalidade e sinxeleza no trato, non só cos seus fregueses e alumnos, senón tamén con toda a sociedade, incluso con aqueles que discrepan de certos aspectos transcendentais ou de credo. Relembramos o seu labor no Instituto Teolóxico Compostelán, e particularmente o empeño co que traballou entre libros e papeis varios (documentos históricos e cartas de distintas personalidades) na Biblioteca de Estudos Teolóxicos: alí, entre obras de López Ferreiro, aquel crego galeguista, cóengo da S.A.M.I. e autor de obras tan senlleiras e simbólicas dentro da literatura galega como A Tecedeira de Bonaval, O Castelo de Pambre e O Niño de Pombas; alí, entre escritos do Cardeal Quiroga Palacios, aquel que quixo tamén realizar en tempos difíciles e de borralla cerimonias relixiosas e eucaristías en idioma galego; entre obras vetustas e edicións antigas da Historia Compostelá (a de 1765 do Padre Henrique Flórez); entre ensaios metafísicos, obras mariolóxicas; enleado nas biografías do devandito cardeal Quiroga e do cóengo e filósofo D. Ánxel Amor Ruibal.
Accións ProLingua
Novas
18-02-2012
Laudatio a D. Xosé Leonardo Lemos Montanet, bispo de Ourense
por Héitor Picallo
¡Ai daquel home e daquel pobo que se esquezan das súas raíces históricas, porque sentirán pouco medo ante o futuro e a súa mediocre instalación no presente será estéril!
Este mes de febreiro tomou posesión da cadeira episcopal da diocese de Ourense o profesor Xosé Leonardo Lemos Montanet (Barallobre-Fene, 1953). Alén do seu labor intelectual, pastoral e docente, Lemos sempre asombra polo seu apego social, pola súa naturalidade e sinxeleza no trato, non só cos seus fregueses e alumnos, senón tamén con toda a sociedade, incluso con aqueles que discrepan de certos aspectos transcendentais ou de credo. Relembramos o seu labor no Instituto Teolóxico Compostelán, e particularmente o empeño co que traballou entre libros e papeis varios (documentos históricos e cartas de distintas personalidades) na Biblioteca de Estudos Teolóxicos: alí, entre obras de López Ferreiro, aquel crego galeguista, cóengo da S.A.M.I. e autor de obras tan senlleiras e simbólicas dentro da literatura galega como A Tecedeira de Bonaval, O Castelo de Pambre e O Niño de Pombas; alí, entre escritos do Cardeal Quiroga Palacios, aquel que quixo tamén realizar en tempos difíciles e de borralla cerimonias relixiosas e eucaristías en idioma galego; entre obras vetustas e edicións antigas da Historia Compostelá (a de 1765 do Padre Henrique Flórez); entre ensaios metafísicos, obras mariolóxicas; enleado nas biografías do devandito cardeal Quiroga e do cóengo e filósofo D. Ánxel Amor Ruibal.
7-02-2012
Comunicado de ProLingua en apoio a Carlos Callón
Unha vez máis, desde ProLingua, vémonos na obriga de facer nosa a coñecida frase atribuída ao dramaturgo suízo Friedrich Dürrenmatt: “Que tempos estes, en que hai que loitar polo que é máis evidente!”. O feito que motiva este comunicado reviste unha significativa gravidade: Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e membro de ProLingua, será xulgado este venres, 10 de febreiro, na cidade da Coruña, logo de ser denunciado polo xuíz decano, Antonio Fraga Mandián. O que motiva a denuncia son unhas declaracións onde Carlos Callón, como presidente da MNL, criticaba o reiterado incumprimento da Lei de Normalización Lingüística por parte deste xuíz e mesmo o seu proselitismo animando a incumprila, nomeadamente no artigo referido ao uso do topónimo A Coruña.
Que un cidadán sexa procesado por esixir que se cumpra a Lei por parte dun xuíz, persoa que, polo cargo que ocupa, é responsable de velar polo seu cumprimento, parece un mal chiste ou unha escena tirada da visita de Gulliver ao estrafalario país dos Houyhnhnms. Mais é real e sucederá este venres, para vergonza de toda a cidanía.
Desde ProLingua, expresamos a nosa solidariedade con Carlos Callón e o noso rexeitamento por esta actuación xudicial, e animamos a asinar o manifesto que fixo público a MNL, Queremos xustiza para a nosa lingua. Non á criminalización da súa defensa!, mediante o envío de correos ao enderezo imprensa@amesanl.org.
7 de febreiro de 2011
3-02-2012
Aberto (agora si) por reformas
Durante uns días esta páxina estivo deshabilitada por mor dos traballos que estamos a facer para renovala. Recuperámola agora á espera de termos a nova. Como a palabra indica será unha renovación total de deseño, estrutura, contidos, versatilidade e vitalidade deste instrumento de comunicación con toda a sociedade galega e de fóra de Galicia, que esperamos que signifique tamén unha revitalización de ProLIngua.
Contamos con ter esta nova páxina a primeiros do próximo mes de marzo, xa cos novos contidos e aberta á colaboraciòn de todas as persoas que desexan as cunqueirás mil primaveras para a lingua galega.
ProLingua
12-01-2012
«A traizón de Gadis», carta de Ramón Cruz Dopico
Decepción e tristura son as palabras que mellor reflexan o meu sentir cando neste ultimo mes puiden contemplar como se exclúa o noso idioma propio da publicidade, cartelería, rótulos… e todo o relacionado coas dúas tendas que Gadis ten a día de hoxe en Viveiro, unha das cales (a situada en Magazos) foi reinaugurada nestas fechas.
Hoxe entrei na tenda por primeira vez logo da reforma e puiden contemplar como o idioma galego foi eliminado por completo. A verdade é que sentín unha gran pena, sentimento totalmente contrario ó orgullo e felicidade que sentín días antes, cando pouco despois das badaladas de fin de ano emitiron o anuncio de “Vivamos como galegos”.
¿Acaso vivir como galegos está reñido co idioma galego? ¿Entenden os señores de marqueting e merchandising do Gadis que o idioma galego non é digno de ser incluído nos folletos e carteis, polo menos, a carón do castelán?¿ Ou é que “precisan” diñeiro público, ou sexa “subvencións”, para que o idioma desta terra teña unha presenza nas súas tendas?
Son comerciante, levo 18 anos cara ó público, e podo dicir que a maioría da xente que entra nas tendas de Viveiro son galego-falantes. Tamén sei que á maioría da xente lle dá igual, que nin sequera se dan conta diso, que pasan do tema. Eu non, non quero resignarme, a min non me dá igual recoñezo que nos tempos que corren para a nosa cultura e o noso idioma, o que eu estou a dicir pode atopar enfronte expresións coma “radical”, “tontería”, “que mais che dá”,ou as preguntas do millón ¿ e logo non entendes o castellano?, ou ¿ti non es “español?”
11-12-2011
A lingua propia de Galicia é o galego
Artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia:
A lingua propia de Galicia é o galego.
Que os contumaces inimigos da lingua galega traten de borrala de calquera manifestación da vida social non resulta nada sorprendente. E que en ocasións teñan apoios explícitos dalgunhas institucións que teñen entre as súas obrigas a de promover unha maior presenza social da lingua, tampouco. Mais que o Valedor do Pobo -de ser certa a información que hoxe ofrecen Atlántico Diario, Faro de Vigo e ABC-, o responsable de velar polo cumprimento da lexislación que temos, ignore os contidos do Estatuto de Autonomía, parece un absurdo, mesmo cómico se non fose pola trascendencia do cargo e das súas decicisións. Un esperpento ao que non é allea a actitude pasiva, cando non agresiva, fomentada polo actual Goberno galego.
Desde ProLingua esiximos unha rectificación inmediata e pedimos a dimisión dun Valedor do Pobo que con esta resolución mostra a súa incompetencia para o cargo e unha teima probada contra a lingua propia de Galicia (así denominada no Estatuto de Autonomía, o mesmo que dá razón de ser ao posto cuxos preceptos máis básicos incumpre con frecuencia).
9-12-2011
Negra sombra na televisión serbia
Foi na televisión serbia e á moza xa a entrevistaron onte á tarde na Radio Galega ás 16.40 mercé ás xestións balcánicas do prolingüeiro rosaleiro Jairo Dorado, embaixador da República de Galicia en Saraievo (Bosnia-Herzegóvina). Jairo (que fala e traduce ao galego do serbo-croata, do húngaro e dunha chea de linguas máis, mirade algúns traballos seus en Rinoceronte Editora), fíxolles de intérprete galego-serbio e aproveitou para largar un par de andanadas contra os que desconsideran e desprezan o noso idioma, para que tomen exemplo desta rapaza da Voivódina serbia, Djurdja Pokrajac.
17-11-2011
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)
Os/as técnicos/as de normalización lingüística dos concellos galegos, e no seu nome a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), ante a situación xeral do proceso de fomento do galego e dos servizos de normalización lingüística (SNL), temos que expresar:
Os servizos de normalización lingüística (SNL) son os departamentos que desenvolven o traballo técnico de cara a avanzar no consensuado proceso de normalización da lingua galega. Un traballo necesario, xusto e ilusionante de fomento do galego no nivel de contacto máis directo coa cidadanía. Os SNL contribúen a difundir do xeito máis próximo entre a poboación, por exemplo, as creacións culturais galegas, desenvolven accións de dinamización e fomento da lingua, achéganlle á poboación máis nova alternativas de lecer en galego, difunden e xestionan os cursos de formación en lingua galega, velan pola calidade lingüística e comunicativa das institucións, velan pola garantía dos dereitos lingüísticos, difunden materiais, recursos e servizos en lingua galega, procuran a formación lingüística dos/as traballadores/as públicos/as e da cidadanía en xeral, ofrécenlles asesoramento lingüístico a empresas e asociacións, etc.
13-11-2011
Comunicado de ProLingua ante a segunda edición dos «Premios da Cultura Galega»
A Consellería de Cultura vén de facer públicos os nomes das persoas e institucións galardoadas cos que, logo de lles cambiar o nome e suprimir a dotación económica, decidiu chamar Premios da Cultura Galega. É o segundo ano que o actual goberno da Xunta de Galicia convoca e reparte estes premios.
Paralelamente, lonxe de rectificar as prácticas destrutivas no ámbito cultural e lingüístico que puxo en marcha desde o inicio, tamén este ano vimos como o goberno de Núñez Feijoo recrudecía o acoso contra moitas das institucións que serven ao mandato legal e á obriga moral d e promover o idioma. Continúanse negando os recursos mínimos para contribuír á permanencia das editoras, do teatro, dos equipos de normalización, do sector audiovisual, dos xornais; de toda iniciativa, en suma, que faga da lingua galega un factor estratéxico na recuperación social e económica deste país.
É por iso que ProLingua comparte a alarma da sociedade ante as prácticas dun goberno que se disfraza outra vez de promotor cultural mentres leva a cabo a peor regresión que se recorda non só en materia lingüística, senón tamén e precisamente no ámbito da cultura. Desde a súa posición apartidaria e plural, a plataforma ProLingua fai un novo chamamento a cada unha das persoas premiadas para non abonaren coa súa presenza as agresións contra o dereito a vivir libre e plenamente no idioma galego.
Artigos e columnas
Informes e documentos
- Quique Costas falou sobre a situación do galego ante expertos da Consello de Europa
- Borrador do proxecto de «Decreto do plurilingüismo»
- A Plataforma per la Llengua denuncia que hai 500 leis que impoñen o uso da lingua castelá
- Análise xurídica das Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia








