Comentarios en Lingua e novas estratexias, artigo de Miguel Louzao Outeiro

Por: PCL
Unha achega interesante, ao meu ver. É moi certo que algunhas actitudes, lonxe de reforzaren a defensa do galego fronte ás agresións que sofre, afastan desa santa causa a moita xente cuxo concurso é desexable (*). Porén, vérquese neste texto unha tese coa que non podo estar en absoluto de acordo, porque coido que tampouco non nos leva polo bo camiño. Escribe o autor:

“Nos últimos trinta anos a estratexia que se implantou desde grupos que manteñen o monopolio do discurso da lingua tivo -e segue a ter- como idea central o monolingüismo en galego, entendido como uso exclusivo desta lingua e en clara oposición ao uso do castelán. Esta tese quizais foi axustada para aqueles anos 70 nos que realmente o galego era a lingua da maioría da poboación, mais a sociedade galega mudou. E no terreo lingüístico a mudanza foi cara a un abandono progresivo do noso idioma. Entón, teremos que preguntarnos se as estratexias de recuperación da lingua que se seguiron desde aquel momento foron adecuadas.

Se un se para a avaliar (iso que tan pouco se practica) como se desenvolveu todo este proceso ao longo da última trintena, non pode máis que considerar un fracaso a estratexia de promoción da lingua que se proxectou desde ese axioma e, polo tanto, un fracaso de todas aquelas persoas que participamos nela.”

Aquí hai, coido eu, algo que non encaixa. Vexamos. Se nos anos 70 a lingua galega era “a lingua da maioría da poboación” (¡e abofé que a era!), ¿como é que fracasou unha política que se proxectaba dende o axioma do “monolingüismo en galego”? Supostamente, os galeguistas tiñamos os trunfos na man; porén, perdemos a partida (ou, cando menos, non a gañamos). ¿E por que? ¿Acaso por que perseguiamos o monolingüismo en galego? A min paréceme que o problema non radicaba no fin que se perseguía, senón nos medios que se puxeron en práctica para acadar ese obxectivo (iso supoñendo que TODOS os axentes implicados no proceso aspirasen a acadar o monolingüismo en galego, o cal é moito supoñer). Moi mal andamos, creo eu, se nos enganamos á hora de determinar a raíz dos males que hoxe nos aflixen.

Mil desculpas por estenderme tanto.

(*) Estou a pensar en actitudes como a que exhiben algunhas das persoas que comentan o texto en Vieiros (vid. http://www.vieiros.com/open/amosar/806/lingua-e-novas-estratexias). Cualificándomos os galegos castelán-falantes de “palhaços que aspiram a ser espanhóis numa Espanha que nunca deixará de os considerar galegos”, de “pobres incompetentes”, de “minhas-jóias”, etc., só conseguiremos que formen baixo as bandeiras (¿victoriosas?) de Galicia Bilingüe e similares. Claro está que debemos deplorar que acrediten nas falacias de Gloria Lago, e que temos o deber de loitar para os persuadir de que están nun erro. Ora ben, se falamos deles neses termos, só conseguiremos convertilos en asañados inimigos de todo canto a galego cheire.