11-09-2009

Cos corpos e as almas que tiveran, artigo de Xosé Luís Méndez Ferrín

(…) Desde os días no que o piñeirista García-Sabell recorría como Delegado do Goberno a Lei de Normalización non se coñecera outra igual. O propósito estratéxico de Núñez Feijóo é agora o de lograr aquilo que García-Sabell non conseguiu. Entre tanto, todas as enerxías que a Xunta tería que mobilizar gobernando realmente nos sectores agrogandeiro, pesqueiro, da ordenación do territorio, de medioambiente, cultural, de reforma administrativa e modernización en xeral, sen esquencer as políticas sociais nestes tempos feos e duros, parecen pervertirse na dirección monográfica dunha política lingüística obsesivamente españolista e anti-galega.

Unha enquisa fraudulenta aos pais dos alumnos serviu de preparación artilleira para a derrogación dun decreto que, moderadamente, trata de establecer unha paridade entre o idioma que crearon os nosos antepasados e o que naceu no norte da provincia de Burgos. En operación de comando secreto, interviuse na normativa de pre-escolar. Con astucia, decidiuse que o fomento no mundo fashion podía beneficiar e normalizar o uso do galego e os acordos que houbera ao respecto foron reducidos á nada, co que se pretende que as masas vexan cos ollos da carne e cos do desexo que o luxo e a fastuosidade non casan coa lingua proletaria dos avós. O galego foi arredado das oposicións a fin de que os numerosísimos aspirantes a funcionario considerasen a lingua do País definitivamente inútil. O PP executa un programa de guerra psicolóxica cuxo fin é conseguir que o pobo perda o orgullo de ser galego e se someta facilmente aos dictados de Madrid (…)

Ler artigo completo hoxe en Faro de Vigo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Procurar

Nube de etiquetas Etiquetas

O ideario da plataforma ProLingua vén definido exclusivamente polo seu manifesto. Os artigos e textos que aparecen neste blog publícanse atendendo ao seu interese no debate sobre a lingua, independentemente de que coincidan en todo ou en parte co devandito ideario.