29-09-2009

O 3 de outubro, asemblea de presentación de ProLingua

O sábado día 3 de outubro, ás 11,30 da mañá comezará, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte), a Asemblea de presentación pública de ProLingua, plataforma plural e apartidaria que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real.

Chamamos a todas as persoas, e non só aos membros de ProLingua, que compartan a arela da defensa do galego, a participar neste acto no que daremos a coñecer os obxectivos e a estrutura de funcionamento da plataforma, así como as primeiras accións que propoñemos levar a cabo.

Acudide o sábado día 3 de outubro a Compostela e traede convosco as persoas do voso afecto e da vosa confianza. Deamos xuntos a primeira pasada no camiño.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Procurar

Nube de etiquetas Etiquetas

O ideario da plataforma ProLingua vén definido exclusivamente polo seu manifesto. Os artigos e textos que aparecen neste blog publícanse atendendo ao seu interese no debate sobre a lingua, independentemente de que coincidan en todo ou en parte co devandito ideario.