30-09-2009

Plataformas polo galego, artigo de Yolanda Castaño

Vivo nunha zona da cidade cunha certa e simpática densidade de escritores por habitante. Hoxe, a dúas rúas da miña, encóntrome cos meus veciños Xavier Alacalá e Xabier P. Docampo. Da brillante lexión dos bos e xenerosos, Docampo anda investindo -con corazón e esforzo e tempo- a súa gloriosa xubilación na ben nutrida Prolingua, unha plural e abertísima plataforma pola defensa do noso idioma. Persoas de diferentes cores políticas e un mesmo sentimento de promoción e posta en valor da lingua integran este movemento que se coordina en boa medida a través da rede. Ausencia de organigramas xerárquicos ou consignas políticas fronte a un manexo constante do diálogo e do consenso son algunhas das condicións que caracterizan a Prolingua, unha forza apartidaria e rotundamente real. Renovarmos os nosos propios azos, alimentar a conciencia lingüística e o espírito crítico na sociedade tamén poden ser unha fonte e motor de cambio sociolingüístico: medianos e contados pasos cara a un grande camiñar. [Ler artigo completo en Galicia Hoxe]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Procurar

Nube de etiquetas Etiquetas

O ideario da plataforma ProLingua vén definido exclusivamente polo seu manifesto. Os artigos e textos que aparecen neste blog publícanse atendendo ao seu interese no debate sobre a lingua, independentemente de que coincidan en todo ou en parte co devandito ideario.