2-10-2009

Mañá sábado terá lugar a asemblea de presentación de ProLingua

Será mañá sábado día 3 de outubro ás 11,30 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte). Presentaremos publicamente ProLingua, plataforma plural e apartidaria que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real.

Convidamos a todas as persoas comprometidas na defensa da lingua galega a participar neste acto no que daremos a coñecer os obxectivos e a estrutura de funcionamento da plataforma, así como as primeiras accións que se levarán a cabo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Procurar

Nube de etiquetas Etiquetas

O ideario da plataforma ProLingua vén definido exclusivamente polo seu manifesto. Os artigos e textos que aparecen neste blog publícanse atendendo ao seu interese no debate sobre a lingua, independentemente de que coincidan en todo ou en parte co devandito ideario.