TOPÓNIMOS
Fuí diputado en el primer Parlamento de Galicia por Alianza Popular. Colaboré en la elaboración de la Ley de Normalización Lingüística y fui director general de Política Lingüística. No tengo militancia política. Escribo esta carta dirigida al señor Blanco Valdés en castellano para que me entiendan los que como él se empeñan en una cruzada absurda, haciendo política con el idioma y creando un problema que no había, en contra de uno de los patrimonios que defienden todos los pueblos con autoestima, por razones de identidad, históricas y culturales, y que una persona ilustrada y culta, como se supone que es su caso, debía hacer con el gallego, en peligro de desaparición, con el mismo tesón que lo hace con el castellano con más de 400 millones de hablantes.
El 2 de julio de 1985 publiqué en este diario un artículo titulado “O galimatías toponímico” sobre los despropósitos que la castellanización hizo con los topónimos. De su artículo “Topónimos: ¿por qué no llamar a las cosas por sus nombres?”, solo comparto el título, es decir, llamar a las cosas por su nombre original. No es verdad que los topónimos bilingües sean más coherentes con la cooficialidad lingüística que establece la Constitución y el “bilingüismo de nuestra sociedad”.
¿Le parece lógico, serio y coherente decir Plaza de María Gallina en lugar de Praza de María Pita; La Gaitera en lugar de A Gaiteira; La Grela, en lugar de A Grela; Arteijo en lugar de Arteixo; Toro Muerto en lugar de Boimorto; San Ginés en lugar de San Xenxo; Puente Arenas en lugar de Ponteareas; Mesón del Viento, en lugar de Mesón do Bento o de Bieito (Benito); Nido del Águila en lugar de Niño de Aguia, etcétera?
Ustedes tienen derecho a hacer el ridículo, pero no a obligar a que lo hagan los demás, forzar a las instituciones a desandar un camino emprendido hace 26 años y destruir el trabajo y la inversión económica de muchas instituciones y personas. La Ley de Normalización Lingüística que aprobamos todos los grupos políticos por unanimidad no lo fue, como dice usted, para erradicar de Galicia el castellano, sino para cortar con la erradicacion del gallego, tarea en la que parecen estar ustedes empeñados incomprensible y torticeramente.
Adolfo de Abel Vilela. LUGO
Outros artigos de intrerese destes últimos días:
Entrevista a Rafael Cuíña, membro de ProLingua en Galicia Hoxe.
Artigo do prolingüeiro X. R. López Boullón en Galicia Hoxe.
Entrevista n'A Nosa Terra con Francisco Cerviño, membro de ProLingua e repsonsábel de lingua do PSdeG,.
Entrevista n'A Nosa Terra a Agustín Baamonde, responsábel de lingua do PPdeG.



















o out 15th, 2009 ás 1:06 am
En galego é Mesón do Vento, non do Bento; non ten nada que ver cos derivados de Benedictus, que en toda Galicia e norte de Portugal son Bieito, Biéitez. É falso pensar que este topónimo ten algo que ver cun nome persoal.
o out 15th, 2009 ás 10:46 am
que “sorte” que lla publicasen, pois non foi o meu caso cando lle contestei o 8 de maio a un artigo sobre bilingüismo:
Sr. Valdés, vostede non defende o bilingüismo. O bilingüismo do noso país sería unha riqueza se estivese estendido o coñecemento e o manexo das dúas linguas. E ben sabe que iso non é así. O seu discurso baséase na pobreza e a febleza de argumentos, acompañado da boa dose da manipulación que está a amosar o medio no que vostede se expresa. O fácil é meter aos defensores do galego na saca nacionalista. Así están a facer mal á lingua propia do país –si, propia, aínda que non a única- por mor de atacar os nacionalistas do BNG e outras forzas galeguistas que, obviamente, se erixen coma defensores do galego ante unha obvia situación de desigualdade. Porén, somos máis quen devecemos por un bilingüismo verdadeiro e mesmo practicámolo no noso día a día, cadaquén coa súa primeira opción.
De verdade cre iso de “la Galicia bilingüe, en la que conviven armónicamente gallego y castellano”? Sen ir máis lonxe, canto galego podemos ler en La Voz de Galicia a pesar das subvencións?
A maioría –como lle gusta empregar a vostede- non temos nada en contra do castelán. Sería unha parvada e ademais nos poñería á altura de quen –inconscientemente ou non- si rexeitan a aprendizaxe e o emprego do galego na vida cotiá. Eu coido que falo castelán bastante correctamente, mais non así o galego. Por que? Porque na escola e no instituto a lengua vehicular era exclusivamente o castelán e o galego funcionaba coma a materia da lingua estranxeira: 3 horas lectivas á semana. Iso cómpre corrixilo. Non é unha tarefa doada, polo que deberiamos poñer as cousas claras sobre o que queremos. Neste contexto, a derogación do decreto de normalización é só unha continuación dos erros do pasado que a miña xeración (a da EXB e o BUP) sufriu. Son os cativos os que aprenden con naturalidade non só dúas senón tres linguas.
E xa falando do mundo dos adultos, os medios de comunicación en galego somos escasísimos, polo que resulta insultante ou necio lerlle, sr. Valdés, que o galego está fóra da CRTVG. Faltaba máis! Non é logo a difusión da lingua un dos fins principais dese ente? Cantas televisións e radios temos quen queremos escoitar galego? Non estamos nunha situación de discriminación ou desprestixio? Cantos nomes galegos non foron castelanizados? Porque esa dobre vara de medir?
Porque unha lingua non só se desprestixia por cuestións de clase ou poder, senón tamén por descoidala e falala mal. E non me refiro á xente que a mamou dende cativa, esa que a emprega oralmente, como sobreviviu durante séculos. Falo desa xente -maioritariamente urbanita, coma min- que deseguido nos consideramos bilingües por entender e xuntar con estrema limitación algunhas palabras e construcións galegas básicas.
o out 15th, 2009 ás 1:23 pm
Pódese dicir máis alto pero non máis claro.
o out 15th, 2009 ás 2:56 pm
Meus parabéns para Adolfo.
Moi ben dito.
Ai Valdés, Valdés e ainda tiveches o valor de escribir que che preocupaba o futuro do galego.
Xa abonda de mentiras!!
o out 15th, 2009 ás 4:24 pm
A Quique, teño entendido que o nome “Mesón do Vento” é unha deturpación dunha deturpación, pra terminar de lia-lo conto. Meson do Bento a Meson del Viento con Franco, de Mesón del Viento a Mesón do Vento agora. Tampouco o sei seguro, é algo que teño entendido por ahi.
Parabéns pola carta, onte tamén nos fixeramos eco dela en http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/10/o-18-todos-santiago.html
Saúdos.
o out 15th, 2009 ás 5:36 pm
A Caralladas 76
É que na toponimia galega todo o que hai son (San) Bieito, Biéitez (ou Bieites), a non ser un rarísimo San Beinto por algures en Ourense. E no norte de Portugal tampouco hai Bentos senón Bieitos. De todos os xeitos, heille consultar isto a algún toponimista experto (que eu non o son) como Gonzalo Navaza.
o out 15th, 2009 ás 5:39 pm
na capital herculina: agra, agrela (todo junto pois é umha agra pequena), feáns, mesoiro, pena moa, pedra longa, portinho, cubela, monelos, labanhou, lagoas, outeiro, zapateira, gaiteira, mato grande, mallos, castrillom, castros…, nom sei a etimologia de todas elas mas é evidente que o galego e a única lingua na toponimia dela
o out 15th, 2009 ás 6:15 pm
Aínda ten máis substancia esta carta do que parece.
A quen se refire con ese “ustedes”? pois está claro, a eles, empezando polo editor dese periódico coruñés. Nese “ustedes” están retratados os inimigos do galego.
Moi valente.
o out 15th, 2009 ás 9:47 pm
Blanco Valdés é un fascista en potencia que encaramado no seu pedestal da cátedra de dereito constitucional leva ben de tempo facendo unha lectura das leis pola que moitos galegos somos malos cidadáns ou situámonos fóra do que el entende que debe ser a sociedade. A súa teima contra a lingua comeza a resultar patolóxica. O outro día, no pseudoprograma de debate de Carlos Luís Rodríguez (outro que tal baila) da galega, deu en turrar contra a toponimia galega mais evidenciou a súa intolerancia e dogmatismo (si porque si) ante a súa falta de argumentos
o out 20th, 2009 ás 1:34 am
A min paréceme moita metáfora iso de “Mesón do vento” para ser unha expresión que supostamente a xente do común lle daría a ese lugar até que se convertiu en topónimo oficial de seu. Se fose Cunqueiro quen se encargara de designar tal lugar, aínda o crería, pois o castelo de Elsinor está habitado polo vento na súa obra. Polo tanto, modestamente, coido que a versión de Bento como unha variante de Bieito é ben verosímil. Que falen os especialistas, por favor. Por outra parte, é esa unha zona tan ventada como para xustificar o microtopónimo??? Pregunto.
o nov 3rd, 2009 ás 12:16 pm
Parabéns para a carta de Adolfo Abel Vilela, un señor que non debería ser nada sospeitoso dado que figurou como deputado do PP de Galicia e mesmo tivo responsabilidades políticas en Normalización Lingüística da Xunta.
Para o sr. Roberto Valdés, que tan de La Coruña é, seguramente lle guste cruzar a Ponte Pasaxe para ir a Olleros ou Poteros, como máis lle guste, a Fuente Cuchara, a Villa Buena, etc só por citar algúns lugares dos nosos arredores pois outros xa os citastes os demais
o xan 29th, 2010 ás 10:55 pm
Teño entendido que o topónimo Mesón do Bento non se debe a unha advocación a Benedictus-Bento-Bieito, nin a que sexa un lugar ventoso (aínda que o é). A versión que eu coñezo é que naquel lugar vivira un mesoneiro portugués chamado Bento.