O orgullo da nosa lingua nas lapelas das galegas e dos galegos

lapelaEsta é a primeira acción de ProLingua: levar na lapela da nosa chaqueta o símbolo do noso orgullo de termos unha lingua propia. De desexarmos que prevaleza por mil primaveras máis. Levar a insignia co logo de ProLingua significa que non somos dos que negan a nosa lingua, dos que se avergoñan dela e non queren nin escoitala.

Desde a próxima semana os pins de ProLingua pódense encontrar nos seguintes lugares:

Libraría TRAMA de Lugo
Livraría TORGA de Ourense
Libraría NOVA de Ponteareas
Libraría LUME d'A Coruña
Libraría SISARGAS d'A Coruña
TIPO (Comercio de música) da Rúa López Mora, 47 de Vigo

Moitas grazas a estes colaboradores de ProLingua. Seguimos á procura doutros lugares para poder cubrir todo o país.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

0 comentarios on “O orgullo da nosa lingua nas lapelas das galegas e dos galegos”

Deixa un comentario