CHAMAMENTO ORGANIZATIVO!!

Co propósito de organizármonos para futuras accións, facemos desde aquí un chamamento a todos e todas as persoas membros de ProLingua. Nos próximos días sairá a primeira publicación de ProLingua: 55 mentiras sobre a lingua galega en coedición coa editora Laiovento. Para a distribución dos exemplares entre os membros de ProLingua é preciso emprender xa a comarcalización da nosa plataforma en defensa da lingua, comarcalización impresicndíbel para vindeiras accións.

Para iso rogamos a todas e a todos aqueles que estean dispostos a asumir a responsabilidade nunha comarca que envíen coa máxima urxencia un correo-e a

poñendo no asunto "comarcalización" e no texto o seu nome e apelidos, o seu enderezo electrónico e o seu enderezo postal. Nas comarcas mais extensas haberá que dispoñer de máis dunha persoa. Como referencia das comarcas usaremos o mapa oficial (a comarcalización que fixo Precedo en 1997).

Quedamos á espera das vosas noticias e agradecemos a vosa disponibilidade e axuda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 Comentarios on “CHAMAMENTO ORGANIZATIVO!!”

  1. #1 isaac gonzález garcía
    o dec 11th, 2009 ás 10:50 pm

    Eu podo votar unha,ou duas, máns

    Vigo-centro

  2. #2 Brétemas » «Falemos galego» e «Galego na escola»
    o dec 27th, 2009 ás 2:13 pm

    [...] (agora en soporte dixital e analóxico), serán o noso primeiro dique de dignidade para comezar un novo e longo proceso de recuperación para o noso idioma. Non imos desistir. «Un paso adiante, outro atrás, Galicia tecendo a túa [...]

Deixa un comentario