Unha primeira análise do borrador do decreto (CGENDL)

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística deu a coñecer hai uns días unha breve análise do borrador do decreto. Compartimos convosco os primeiros parágrafos e convidámosvos a ler o texto completo (PDF, 27 KB):

O borrador do Decreto do Plurilingüismo para o ensino non universitario non garante que o alumnado acade a competencia lingüística en lingua galega, tal e como fixa a lexislación educativa, acentuando o desequilibrio social existente entre as dúas linguas oficiais.

A proposta traslada aos centros escolares e ás familias un conflito creado por intereses políticos ao presentar un modelo que non se fundamenta en criterios estritamente pedagóxicos e demostra o descoñecemento da realidade dos centros.

A introdución dun idioma estranxeiro como lingua vehicular do ensino establécese sobre bases erradas e distorsiona unha planificación lingüística rigorosa e eficiente que redunde na formación do noso alumnado.
Desde a Coordinadora Galega de ENDL pensamos que a proposta de decreto que regulará as linguas vehiculares no sistema educativo non garante a liberdade dos pais, non busca o equilibrio entre as dúas linguas oficiais, non formula correctamente a introdución do terceiro idioma e non vai conseguir ningún “bilingüismo cordial” senón un conflito nos centros escolares e na sociedade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

1 Comentario on “Unha primeira análise do borrador do decreto (CGENDL)”

  1. #1 Nina
    o xan 4th, 2010 ás 11:02 pm

    Nin viabilidade, nin consenso, nin respecto. Este decreto vai ser o maior fracaso histórico de todos tempos.

Deixa un comentario