Relacionadas:
- Quique Costas falou sobre a situación do galego ante expertos da Consello de Europa
- Borrador do proxecto de «Decreto do plurilingüismo»
- A Plataforma per la Llengua denuncia que hai 500 leis que impoñen o uso da lingua castelá
- Análise xurídica das Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia
18-01-2010
Informe da Real Academia Galega sobre o borrador de decreto
«É certo que o actual goberno levou no seu programa electoral a derrogación do Decreto 124/2007 pero nestas Bases non só non se xustifica suficientemente a necesidade xurídica nin pedagóxica de tal derrogación senón que os puntos fortes do proxecto de Decreto parecen de legalidade dubidosa; outros artigos introducirían nos Centros malestar, sufrimento ou desorde e iso é o contrario do que debe perseguir calquera ordenamento xurídico; outros son tan dificilmente aplicables que previsiblemente impedirían iniciar a implantación deste Decreto en setembro de 2010; e o 33% de linguas estranxeiras precisará quizais varias lexislaturas. O camiño debe ser outro. A Real Academia Galega xa pediu no 2002 unha actualización da Lei de Normalización Lingüística para axeitala ás realidades novas nas que hoxe vive a lingua e para incorporarlle a doutrina do Tribunal Constitucional posterior a 1983 e mailos compromisos asinados por España na Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias 11. Estas Bases póñenlle ao galego un límite no 33%: iso non é o centro de gravidade nin corrixe a histórica desigualdade co castelán de que fala a Tribunal Constitucional. Polo tanto non procede darlles o Prace desta Academia…»
A Real Academia Galega acaba de facer público o seu informe sobre o borrador de decreto de educación. Achegámosvos este documento de extraordinario valor que merece unha lectura atenta: PDF, 104 KB.



