55 mentiras sobre a lingua galega, a primeira publicación de ProLingua

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.

Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.

Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade.

Xa que logo, podemos falar desta publicación como dunha reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións daqueles que, por complexo, mesquindade ou ambas as dúas cousas, só buscan o esmorecemento da lingua propia de Galicia, o galego.

Nos próximos días ofreceremos neste blogue cumprida información da multipresentación que deste libro se fará simultaneamente en máis de medio cento de localidades espalladas polo noso país –todas as cidades e principais vilas-, polo Estado español –Ponferrada, Madrid, Barcelona, Vitoria/Gasteiz e Trintxerpe- e no estranxeiro – Tübingen, Buenos Aires, Lisboa, Tel Aviv, Nova York, Bethelem, Nablús, París, Saraievo, Londres, Bruxelas e Copenhague. Unha relación de puntos de encontro e presentación longa e aberta, pois a recepción a esta iniciativa por parte da sociedade está a ser altamente positiva e comprometida.

Descargar capa do libro en alta resolución.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

16 Comentarios on “55 mentiras sobre a lingua galega, a primeira publicación de ProLingua”

  1. #1 Ronsel
    o xan 26th, 2010 ás 7:23 pm

    Vides a Lalín? Hai uns días vin que non…

  2. #2 Carmen
    o xan 26th, 2010 ás 8:41 pm

    Lembrade que a costa da morte tamén fala galego, para a presentación.

  3. #3 Tweets that mention 55 mentiras sobre a lingua galega, a primeira publicación de ProLingua | -- Topsy.com
    o xan 26th, 2010 ás 10:50 pm

    [...] This post was mentioned on Twitter by descalza, descalza, descalza, albixoi, eledhwen and others. eledhwen said: RT @prolinguagalega: O primeiro libro de ProLingua: http://prolinguagalega.org/2010/01/26/55-mentiras-sobre-a-lingua-galega-a-primeira-p … [...]

  4. #4 Paseante
    o xan 27th, 2010 ás 12:56 am

    Ronsel: polo que sei, haberá presentación en Lalín. E tamén na Costa da Morte, amiga Carme. Cómpre estarmos atentos ao listado das presentacións, que se publicará cando estea pechado.

  5. #5 NACHO
    o xan 27th, 2010 ás 10:56 am

    eI, EN vIGO ONDE VAI TER LUGAR E A QUE HORA??
    SAUDE

  6. #6 C.
    o xan 28th, 2010 ás 3:47 pm

    Supoño que faremos pública a relación de locais e lugares axiña, hoxe ou mañá. Tranquis, que por fortuna imos chegar a todas partes: Carnota, Vigo, Lalín, Viana do Bolo, Ribadeo, Celanova, Ribeira, Guitiriz, Salceda Caselas, Melide, Caldas de Reis, O Barco…

  7. #7 C.
    o xan 28th, 2010 ás 3:49 pm

    En todas partes será O MESMO DÍA (venres 5 de febreiro) Á MESMA HORA (20.30 da noite), polo menos na península ibérica, no estranxeiro (Bos Aires, Bethelem, Saraievo…) xa cambia o conto da hora pero mantense sempre o mesmo día 5.

  8. #8 manolo
    o xan 29th, 2010 ás 1:42 am

    Isto parece un pouco falar de popa pa proa… ninguén sabe nin onde nin cando nin nada dunha iniciativa tan interesante… imaxino que co tempo se iran aclarando as cousas, mais mal comezo este…

  9. #9 Paseante
    o xan 29th, 2010 ás 2:21 am

    A listaxe completa ha estar hoxe, venres, a disposición de todas as persoas. Con toda a información: localidades, local onde se celebra a presentación, persoas que interveñen.

  10. #10 Central Librera
    o feb 1st, 2010 ás 7:09 pm

    Tedes que vir a Ferrol.
    Nesta vila, probablemente pola súa vinculación ás forzas armadas, “presumiu” sempre de falar “el mejor castellano, junto con Valladolid.

    Cando eu era rapaz, ensinaronos a rirnos dos “pailanes” que chegaban a Ferrol falando galego.

    Eu o aprendín de vello na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, vou cumplir 65 anos, se chego a Outubro.

    Na nosa tenda estamos a vender o libro.

    Quen desexe mercalo, pódese dirixir a nós.

    O prezo é de 8 euros, máis os gastos de envío.

    Miguel Justo Teléfono 981 35 27 19 e 638 59 39 80
    centrallibrera@telefonica.net

    http://www.mercadogalego.eu/web/articulo.php?&idarticulo=4150&idioma=1

  11. #11 Xosé Luis Santiso
    o feb 3rd, 2010 ás 1:17 pm

    Xa vedes que todo está disposto en cada lugar no que se vai levar adiante a presentación de xeito simultáneo.
    Animádevos e animade a asistir!

  12. #12 Carlos Neira Suárez
    o feb 4th, 2010 ás 7:33 pm

    Un comentarío de tipismo ferrolán. Nos trinques das librarías non están libros galegos, libros en galego. E dentro, sí. Véndense, claro, pero por qué non se ofrecen ao viandante?

    Casualidade ou é que algún cliente tradicional non gosta de velos.

    Porque en Ferrol haiche muita xente que fala galego, que o defende, que lé, e gasta os cartos en libros, tamen galegos.

    Os meus non mos paga a Xunta do ensimismado conselleiro.

  13. #13 A Coruña Cultura » Presentación (tamén) na Coruña do libro 55 mentiras sobre a lingua galega
    o feb 5th, 2010 ás 2:08 pm

    [...] libro 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinado por Xosé-Henrique Costas, preséntase hoxe na Sala de Prensa da Fundación Caixa [...]

  14. #14 Helena
    o feb 5th, 2010 ás 11:56 pm

    Ola!

    Escribo para preguntar se a presentación do libro só se fará o día 5 de Febreiro ou haberá máis días.

    Grazas

  15. #15 Xosé
    o feb 8th, 2010 ás 7:12 pm

    Ola (saluton)
    Ben pola iniciativa recente, mais coido que existen moitos máis equívocos sobre a lingua…
    Sería bon, tamén traducir o manifesto ó Esperanto non? Pra que realmente se enteren o que tentan facer co noso idioma, en todo o planeta.
    Quedo o n/voso dispor pra tal fin.
    Chao (ghis)
    L

  16. #16 Ravachol
    o feb 8th, 2010 ás 11:36 pm

    O Galego é un idioma, o idioma propio de Galicia, nin é mellor nin peor que outros e entre outros motivos por cultura débese manter, de feito vaise manter.

    Agora estou fóra de Galicia por motivos laborais (en Castilla La Mancha) e máis de unha vez e de dúas síntomo foráneo por decir que na miña terra tamén hai outra lingua, por decir que Sanjenjo no existe que é SANXENXO…etc , e non son capaces de entender que hai outras linguas neste país chamado España.

    Vou poñer un exemplo que me sucedeu, e onde se reflexa a intranxixencia da xente que quere impor as súas ideas, cultura e linguas. O outro día ía no metro cun compañeiro de traballo e no mesmo bagón ían varias persoas, unha parella de diante nosa ía falando en Catalán e o meu compañeiro faltoulle tempo pra decirme “estos catalanes!! estamos en España que hablenCastellano cojones”, eu respondinlle eses que van a dereita van falando en Inglés e non che molestan??(non supo responder).
    Un claro exemplo de que non teñen motivos pra molestarse, senón que non entenden nin respetan(máis o segundo) outras culturas.

    Eu polo meu acento e por o despedirme da moza e decirlle biquiños, ou calquera expresión nosa seica son Portugués, a verdade non sei se son Portugués o que sei e que non sou coma eles e cada día valoro máis na distancia a nosa Terra: Galicia.

Deixa un comentario