Irmás e irmaos de PROLINGUA: O noso agradecemento, o daquelas e aqueles que asumimos voluntariamente a organización desta multipresentación, é infinito! Nada disto sería posíbel sen cada un de vós. Sen todo o que movestes todos os membros das mesas para que as presentacións estivesen "petadas" todas. Sen os que vos responsabilizastes de que todo funcionase ne cada lugar. Sen os que tivestes sempre o firme propósito de asistir e de levar convosco a esta ou estoutro amigo ou parente.
Podemos facer case canto queiramos, así que agardade un pouco que xa vos temos preparada outra, e outra e unha máis porque xa sabíamos, e agora máis, que podemos confiar en vós, nesta irmandade que naceu hai catro meses coa presenza de 300 persoas en Compostela aquel 3 de outubro e segue a medrar. Imos facer dela un río que percorra e regue cada recanto da fértil terra na que se asentan os pés da Lingua, pero tamén un río que reverta en crecidas de amor pola nosa lingua ate afogar as voces da negación.
Apertísimas a todas e todos. EN GALEGO SOMOS MÁIS!
A Cerna de PROLINGUA






0 comentarios on “GRAZAS!!!”
Deixa un comentario