Relacionadas:
- Quique Costas falou sobre a situación do galego ante expertos da Consello de Europa
- Borrador do proxecto de «Decreto do plurilingüismo»
- A Plataforma per la Llengua denuncia que hai 500 leis que impoñen o uso da lingua castelá
- Análise xurídica das Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia
15-03-2010
Borrador do proxecto de «Decreto do plurilingüismo»
«En todas as áreas, materias ou módulos, agás nas sinaladas no parágrafo anterior e nas materias de lingua(s) estranxeira(s), o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia. Non obstante o anterior, procurarase que o alumnado utilice a lingua en que se imparte a área, materia ou módulo».
«Os materiais e libros de texto das materias impartidas en galego e en castelán estarán redactados na lingua en que se imparta a materia. A Administración educativa promoverá a elaboración de materiais lingüísticos e terminolóxicos na outra lingua oficial de Galicia e en lingua(s) estranxeira(s)».
«Os servizos de inspección educativa velarán para que en todos os centros educativos se cumpran as disposicións previstas neste decreto e proporanlles, se é o caso, ás xefaturas territoriais de educación a adopción das medidas correctoras que sexan necesarias no caso de incumprimento, sen prexuízo das responsabilidades ás que houbese lugar».
«Con periodicidade anual, despois de finalizar o curso escolar, a consellería competente en materia de educación avaliará os resultados derivados da aplicación deste decreto e desenvolverá cantas disposicións fosen precisas para o mellor cumprimento e adaptación dos seus obxectivos co fin de que poida achegarse gradualmente ao marco dun ensino plurilingüe e á plena aplicación da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias».
Descargar o BORRADOR DO PROXECTO DE DECRETO PARA O
PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA: PDF, 119 KB.



