Comunicado de ProLingua ante o peche de Vieiros

Pecha Vieiros! Todas as persoas que amamos a lingua e a liberdade ficamos un pouco máis desposuídas! Desde ProLingua, como amigas e amigos de Vieiros que somos, lamentamos a perda dun medio de información que tanto contribuíu a situarnos na Rede como país. Desexamos que pronto poida volver a nos ofrecer a todos os galegos orgullosos de selo esa canle de expresión libre que agora as circunstancias nos furtan.

Queremos tamén enviar unha forte aperta de alento a Lois Rodríguez, o seu editor, e, na persoa de Ramón Vilar, a todos os directores e directoras que contribuíron a manter Vieiros en funcionamento nestes máis de 15 anos e facer del unha ferramenta de creatividade e un lugar de encontro de todos os galegos e galegas espallados polo mundo adiante.

Tamén queremos convidar a esa maioría da sociedade galega que non desexa a destrución e desaparición da nosa identidade nacional, a reflexionar sobre a necesidade de termos uns medios de comunicación social propios, libres e democráticos, que defendan a nosa Nación e o seu ser diferenciado. Mais tamén temos que pensar que isto non vai ser posible sen a participación directa e comprometida de todas e todos nós. Os nosos laios non poden ficar niso, en ladaíñas recitadas de cando en vez, senón no ofrecemento sincero e real do esforzo persoal de cada un de nós.

ProLingua
No Día Nacional de Galicia de 2010

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 Comentarios on “Comunicado de ProLingua ante o peche de Vieiros”

  1. #1 Tweets that mention Comunicado de ProLingua ante o peche de Vieiros | -- Topsy.com
    o xull 26th, 2010 ás 12:23 am

    [...] This post was mentioned on Twitter by outeiro, outeiro. outeiro said: [GReader] http://j.mp/dfkyTw () Comunicado de ProLingua ante o peche de Vieiros [...]

  2. #2 Raphael Tsavkko
    o xull 26th, 2010 ás 3:17 am

    Solidariedade desde o Brasil com nossos irmãos Galegos!

    http://tsavkko.blogspot.com/2010/07/oxente-o-galego-sofre.html

  3. #3 Fernando de Paz Villasenín
    o set 2nd, 2010 ás 11:16 am

    Hoxe, 2 de setembro de 2010, engadimos á lista de medios desaparecidos A NOSA TERRA. A pira funeraria da lingua xa citada por X.M Lema Suárez no seu artigo do Xornal de Galicia segue alimentada, unha vez máis, con medios de comunicación. Cada vez quedan menos. Será responsabilidade de todos que sexan arroxadas tamén ao lume. E logo virán as editoriais, que tamén están a sufrir as embestidas destrutoras de Feijoo. Será entón o momento de “acentuar” o traballo no ensino para, na apoteose españolista dos non-galegos gobernates en Galiza, instaurar como festa nacional galega un 25 de xullo con touros correndo polas rúas de Compostela detrás de “mozos” con pano de calquera cor ao pescozo (vermello… “igual dá”). Prepárense gallegos! lo peor está por venir.

Deixa un comentario