Anotacións en ‘Accións’

O orgullo da nosa lingua nas lapelas das galegas e dos galegos

lapelaEsta é a primeira acción de ProLingua: levar na lapela da nosa chaqueta o símbolo do noso orgullo de termos unha lingua propia. De desexarmos que prevaleza por mil primaveras máis. Levar a insignia co logo de ProLingua significa que non somos dos que negan a nosa lingua, dos que se avergoñan dela e non queren nin escoitala.

Desde a próxima semana os pins de ProLingua pódense encontrar nos seguintes lugares:

Libraría TRAMA de Lugo
Livraría TORGA de Ourense
Libraría NOVA de Ponteareas
Libraría LUME d'A Coruña
Libraría SISARGAS d'A Coruña
TIPO (Comercio de música) da Rúa López Mora, 47 de Vigo

Moitas grazas a estes colaboradores de ProLingua. Seguimos á procura doutros lugares para poder cubrir todo o país.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

ProLingua en Facebook

prolingua-fb


Creamos unha páxina en Facebook dedicada a ProLingua. Visitádea e facédevos seareiros!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O logo de ProLingua

Podedes descargar o logo de ProLingua con alta resolución -abondo para imprimilo con calidade- nestes dous formatos: PDF ou JPG. Unha imaxe de tamaño reducido, máis axeitada para inserir en blogs e páxinas web, podedes baixala aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O pin de ProLingua

Este primeiro é unha proba, mais cando comece o outono haberá milleiros igualiños espallados por todo o país. Manterémosvos informados.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google