Un taller organizado polo Servizo de Normalización Lingüística que este ano regresará ao Pazo da Cultura carballés da man do músico bergantiñán Xabier Díaz, un dos integrantes de Berrogüetto. El será o profesor do obradoiro de nanas para nais e pais (presentes ou futuros, así como para todos aqueles que queiran aprender ou practicar) que terá lugar a finais deste mes.
Será os días 21 e 28 de novembro de 17.00 a 19.00 horas en ambos os casos. Durante as dúas sesións, ás que tamén poden asistir os bebés, os participantes aprenderán a cantarlle aos pequenos temas populares e outros máis novos.
Recórdanos Débora Campos que existe dende hai tempo o proxecto Arrorró, que procura arrolos en todas as linguas que se falan na Arxentina. Velaquí a participación do galego.
Información extraída de La Voz de Galicia.
ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior. Aviso legal | Política de privacidade | Asóciate!