MAPA DE QUEIXAS
Que é?
O Mapa de queixas non é un mapa político, nin físico, nin xeolóxico. O Mapa de Queixas é un mapa emocional da lingua galega. Aínda que tamén sirva para orientarse. Un territorio que iremos habitando tod@s...

Para que?
...para que as persoas que se expresan, que vos expresades en galego, poidades contarnos unha pequena historia. A nosa.
E que poderemos consultar no Mapa de queixas?
A maior parte das contribucións escritas e audiovisuais que enviedes serán iso, queixas, evidencias do difícil que é vivir en galego en certos ambientes, en certos lugares, en certas situacións.
Noutras ocasións será fermoso escoitar exactamente o testemuño oposto, ou sexa, as boas novas da lingua. Pequenos xestos que nos dignifican, parabéns dos que queremos deixar constancia, constatación dun avance do idioma galego alí onde antes estaba excluído.
Aí á dereita, tes a sección COMO PODES COLABORAR, consúltaa, colabora e imos aló...