Non poñemos en dúbida que moitas empresas galegas son sinceras cando din teren un forte compromiso con Galicia. Aínda que se notaría e se crerìa máis nese compromiso se o visibilizasen mediante un compromiso coa súa lingua.
Durante uns días imos ver que marcas de leite etiquetan os sues envases en galego.
Polo de agora encontramos dúas que o fan en galego e en castelán, quer paralelamente, como Deleite, quer unha cara do paquete nunha lingua e pola volta na outra, Feiraco.
Outro sinal que caracteriza o respecto comercial pola nosa lingua é a publicidade, Hai exemplos, no tocanto ás marcas de leite, en que o mostran ocasionalmente. Neste caso foron Larsa e Feiraco.
Tamén importa ver que lugares ocupan nos esteblecementos de venda, ver que non teñen unha presenza de inferior rango cas outras marcas, máis aló das campañas ocasionais de promoción dalgunhas marcas por estratexia comercial.
Para todo isto é preciso a colaboración de todas as persoas eu formamos a rede de ProLingua. Enviádenos novos datos e fotos e poñerémolos aquí. Deste xeito, nese xesto diario de mercar o leite podemos premiar cos nosos cartos as marcas que máis valoran a nosa lingua.
Se queredes colaborar con esta campaña enviade as vosas observacións e as vosas fotos a info@prolinguagalega.org
E os iogures, os queixos e as manteigas? En que lingua etiquetan?