Co propósito de organizármonos para futuras accións, facemos desde aquí un chamamento a todos e todas as persoas membros de ProLingua. Nos próximos días sairá a primeira publicación de ProLingua: 55 mentiras sobre a lingua galega en coedición coa editora Laiovento. Para a distribución dos exemplares entre os membros de ProLingua é preciso emprender xa a comarcalización da nosa plataforma en defensa da lingua, comarcalización impresicndíbel para vindeiras accións.
Para iso rogamos a todas e a todos aqueles que estean dispostos a asumir a responsabilidade nunha comarca que envíen coa máxima urxencia un correo-e a
poñendo no asunto "comarcalización" e no texto o seu nome e apelidos, o seu enderezo electrónico e o seu enderezo postal. Nas comarcas mais extensas haberá que dispoñer de máis dunha persoa. Como referencia das comarcas usaremos o mapa oficial (a comarcalización que fixo Precedo en 1997).
Quedamos á espera das vosas noticias e agradecemos a vosa disponibilidade e axuda.





