» Manuel Bragado

En defensa da LNL, artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo
“A secular e florecente vella lingua dos galegos está sometida desde hai séculos, e especialmente hoxe en día, a un proceso de progresiva degradación e esmorecemento que ameaza a súa propia supervivencia precisamente na súa terra de nacemento, consecuencia dun longo proceso histórico. (…) A actual situación da lingua dos galegos é problemática e incerta. A coexistencia dos dous idiomas, galego e castelán, só legalmente cooficiais a partir da aprobación do Estatuto de Autonomía, é conflitiva e asimétrica, e agocha unha pugna desigual onde o galego sofre unha profunda subordinación. (…) As actuais relacións asimétricas entre o galego e o castelán esixen, en aplicación do espírito e a letra do artigo 5º do Estatuto de Autonomía, que o galego teña un apoio proporcionado ao grao de subordinación que actualmente sofre a fin de que no futuro o seu uso normalizado e pleno faga innecesaria toda medida tutelar.”

Esta escolma de tres textos sobre a situación da lingua dos galegos forma parte da exposición de motivos da “Proposición de lei de normalización lingüística en Galicia” presentada en 1981 polo deputado vigués de Esquerda Galega Camilo Nogueira. Tres textos que non perderon actualidade nin vixencia e que no marco do recoñecemento que o daquela recente Estatuto de Autonomía, tamén de 1981, viña de facer do galego como lingua propia de Galicia, abriron no Parlamento galego un proceso de debate xeneroso entre os seus grupos que levou dous anos despois a aprobación por unanimidade (AP, UCD, PSOE, PCG e EG) da Lei de normalización lingüística (Lei 3/1983, de 15 de xuño). Un fito senlleiro para a historia da nosa lingua co que se propoñía conseguir mudar a súa deriva histórica e a súa postración social. Un importante consenso político que, dende aquela, permitiu forxar os alicerces sobre os que se desenvolverían o “pacto”, “acordo” ou “consenso” (tanto nos ten a palabra escollida) arredor das políticas lingüísticas e de fomento do emprego do galego acometidas polos diversos gobernos, tanto os presididos polos populares, como aqueloutros de coalición de socialistas, galeguistas e nacionalistas.

Un “acordo” ou “consenso” –que dende entón non fora cuestionado nunca polos seus asinantes, deica a virada actual asumida polo Partido Popular de Galicia presidido por Alberto Núñez Feijóo– baseado en catro principios de acción positiva asumidos amplamente pola sociedade galega como eixos da súa convivencia lingüística. Primeiro, a cooficialidade de ambas as dúas linguas, o que supón procurar a súa igualdade xurídica real e desenvolver idéntica competencia nas dúas linguas do conxunto da cidadanía. Segundo, o carácter do galego “como lingua propia de Galicia”, o que a recoñece como sinal identitario e patrimonio principal do país. Terceiro, a necesidade de políticas de promoción do galego –necesarias por atoparse o noso idioma nunha situación de partida de clara desigualdade con respecto ao castelán– para garantir a súa presenza social en todos os ámbitos sociais, con especial atención aos da administración, o ensino e os medios de comunicación. E cuarto, o respecto ao principio de individualidade, que supón que cada cidadán utilice a lingua da súa preferencia nas súas comunicacións non institucionalizadas.

A Lei de Normalización Lingüística permitiu, pois, chantar os alicerces dun “acordo” histórico –non sempre executado polos diversos gobernos coa mesma convicción e entusiasmo– actualizado en 2004, e consensuado tamén en sede parlamentaria por PPdeG, PSdeG-PSOE e BNG, no “Plan Xeral de Normalización Lingüística”. Unha excelente actualización do consenso, esfarelada polo actual Goberno tras a aprobación unilateral do “Decreto de plurilingüismo” (2010) e da “Lei de  convivencia e participación” (2011), medidas coas que os populares pretenden contentar a aqueles sectores negacionistas que non queren ter contacto ningún coa lingua galega.

Tras as declaracións dalgúns candidatos populares sobre a posibilidade de mudar os topónimos dalgunhas poboacións –o artigo 10º da LNL establece que a súa única forma será a galega–, é oportunísima a iniciativa da plataforma apartidaria Prolingua que solicita ao presidente da Xunta o seu compromiso público de non promover nin acometer ningunha reforma da Lei de normalización lingüística que non se produza co mesmo consenso e unanimidade coa que a Lei foi aprobada no seu día. Unha modificación unilateral da LNL, como a que enuncian algúns candidatos populares, suporía un abuso de poder inadmisible, dada a escasa lexitimidade democrática e moral que se contén no feito de modificar por maioría simple o que se adoptou por unanimidade en 1983. O futuro da lingua de todos os galegos, un patrimonio da humanidade ao noso coidado, non pode ser comprometido por unha presada de votos.

Artigo publicado o luns 11 de abril en Faro de Vigo

<g:plusone size="small" annotation="inline"></g:plusone>

O noso idioma á intemperie, artigo de Manuel Bragado
Refén do compromiso co seu electorado de rematar con «la imposición del gallego» e consciente da debilidade política dos candidatos do seu partido ás alcaldías das grandes cidades, o actual presidente da Xunta destilou durante meses o que pretendía fose un elixir que entusiasmase aos sectores sociais que reclaman non ter contacto ningún co galego na súa vida cotián (un caladoiro electoral onde o PPdeG pretende atopar a súa vitoria en Vigo ou na Coruña) e conformase aos sectores menos esixentes na defensa da lingua das institucións culturais e do PSdeG-PSOE.

Abandonada a posibilidade de recuncar no consenso de todos os partidos e sectores sociais arredor do Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004 e asumida a necesidade de afastarse de posicións galeguistas (as que se identifica co extremismo da «imposición do bipartito»), a ninguén pode extrañar que Feijóo presentase con estudada equidistancia un documento que afonda na utilización partidaria do conflito sobre o emprego das linguais cooficiais no sistema educativo. O que nos achega unha primeira e importante conclusión, por vez primeira en tres décadas de autonomía, a política lingüística desta lexislatura será a imposta polos criterios e intereses dun partido, non a consensuada por todas as forzas políticas en base a criterios de país e á defensa de intereses xerais.

Vestido coas roupas do «espazo internacional do plurilingüismo» e amparado nos resultados da enquisa ás familias da fin de curso, o documento propón recurtar a utilización do galego como lingua vehicular nas dúas etapas do ensino obrigatorio; deixándoo á intemperie, aos ventos dos arraigados prexuízos sociais e das «decisións vinculantes» que cada catro anos tomen as familias sobre o seu uso en determinadas materias. Non hai dúbida que se entra en vigor este decreto, o emprego escolar do galego retrocedería de forma moi significativa, tanto por que de facto sería reducido a materias onde se empregan con menor intensidade todas as competencias lingüísticas como pola laxitude do seu uso por parte do alumnado, que terá a posibilidade de escoller, tamén nas aulas, a lingua cooficial da súa preferencia para as súas manifestacións orais e escritas; unha solución inaudita e rocambolesca, secomasí que unha materia sexa impartida nunha ou outra lingua só obrigará ao profesorado (a grande vítima deste documento), que perderá parte da súa autoridade pedagóxica diante do seu alumnado en formación.

Un retroceso indiscutible (por moito que teimen en negalo os redactores do documento) que impedirá conseguir os obxectivos previstos nos documentos curriculares en vigor, nos que se fixa que todo o alumnado deberá acadar idéntica competencia en ambas linguas cooficiais ao remate de cada unha das etapas. Un retroceso que, ademais, contravén o sentido de progresividade e da necesaria protección da lingua propia establecido na Lei de Normalización de 1983 (velaí o artigo 13.2.: «As Autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino»). Este tratamento aparentamente «igualitario» que o documento concede as tres linguas no horario escolar é, ademais de meramente publicitario (coa marca de «plurilingüismo» trátase de vender mellor o novo decreto), discriminatorio para a lingua galega, xa que en todos os manuais de Sociolingüística aplicada ao ensino aparece que a lingua minorizada debe contar cun tratamento curricular preferente, algo que non nos pode resultar novidoso xa que é o modelo que aínda temos en vigor. O que nos achega a segunda conclusión, tras tres décadas de presenza progresiva do galego na escola, con este modelo provocaríase por vez primeira un importante retroceso do seu uso e consideración educativa, mais aínda cando a fraca saúde do noso idioma requeriría accións aínda máis enérxicas de fomento e protección.

Mención áparte na valoración do documento merece o delirante e confuso proceso de toma de decisións proposto no que se transfire toda a responsabilidade na abordaxe do conflito aos consellos escolares dos centros e se proporciona ás familias –asumindo case ao pé da letra as propostas dos colectivos galegófobos (a pesar das súas declaracións premeditamente sobreactuadas, os grandes inspiradores deste documento)– capacidade decisoria sobre cuestións curriculares que son unha competencia ineludible das Administracións Educativas. Unha deixación de funcións incompatible coas sentenzas do Constitucional sobre a cuestión e inadmisible politicamente xa que o dereito á educación afecta á toda a cidadanía e como outros asuntos de interese xeral debe ser regulada polos poderes públicos democráticos. Feijóo continúa errando na solución do conflito do galego.

Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo, luns 4 de xaneiro de 2009

<g:plusone size="small" annotation="inline"></g:plusone>