» Xabier P. Docampo

Carta aberta a Alberto Núñez Feijoo, por Xabier P. Docampo
Señor Feijoo: Comezo por lle asegurar o meu respecto por todas as persoas, aínda que non sempre o teño polas ideas e opinións que expresan, así que a elas se refire canto aquí escribo.

O asunto trata do que vostede se propón perpetrar  ao amparo da “Bases para a elaboración do decreto…” que este día 30 de decembro fixo públicas. Teñen de bo que nelas non se oculta o propósito que as dita: o que vai facer vostede e poñer o galego en coma inducido e así sempre poderá afirmar que non está morto. Claro, vostede é un político e coñece ben estes usos raposeiros da realidade.

Vostede xa sabía que nunca houbo a tal imposición da que falaba, nin a liberdade dos castelanfalantes se viu nunca ameazada. Sabe perfectamente que isto á unha fición lingüísitica artellada para poder actuar en contra do futuro da lingua galega, iso si, no nome de nobres arelas. Porque diso se trata, dun atentado ao futuro do galego. Vostede fai o mesmo uso da palabra liberdade que fan os membros da Asociación Nacional do Rifle dos EEUU. Eles tamén defenden unha idea opresiva no nome da liberdade.

Non sei se o ten pensado, e ben que me amolaría estar a lle dar ideas, pero tamén podería sacar un decreto polo que, en cada concello, fosen os propietarios dos terreos en votación, os que decidisen sobre da edificabilidade. Que cre que sairía?  Desta utilización perversa da liberdade xa nos advertiu J. J. Rousseau ao dicir “Entre o forte e o débil, a liberdade oprime e a lei libera”. Porque diso se trata, señor Feijoo, de que fose a lei, a Xunta de Galicia, a que asumise a súa responsabilidade e non que fixese desleixo irresponsábel dela.

Falando de liberdade o que vostede se propón é hipotecar a liberdade dos futuros cidadáns e cidadás de Galicia, que, vítimas das decisións actuais dos seus pais de lles restar unha das linguas, xa non poderán elixir no futuro cal usar. Cre que llo van valorar positivamente a vostede? Non, ate os máis galegófobos desprezarán que lles teña privado de poderen tomar eles a decisión.

Vostede vai introducir nos centros de ensino, institucións das que ignora con desprezo aos seus servidores, os máis letais velenos. Nenos que, porque repiten o que escoitan na casa, se acusarán mutuamente con aquilo de, por culpa do teu pai… Vai envelenar claustros e consellos escolares no canto de procurar neles o entendemento e a harmonía necesaria para o labor pedagóxico. Vai entrar nunha espiral de desprezo da norma porque instaura a soberanía dos pais e porque o alumnado vai vivir nunha situación de provisionalidade, de norma mudábel en calquera momento. Vostede vai introducir o caos nas aulas, xa que alén da lingua na que se imparta a materia, os rapaces poderán expresarse de forma oral e/ou escrita como a cada un lle pete a cada intre. Con este disparate, para que un decreto se por enriba de profesor, de materia, de votacións, de claustros, de consellos escolares e da mesma Consellaría de Educación, cada alumno vai facer o que lle dea a gana? Fáleme agora de reforzar a autoridade do profesorado, que me vai dar a risa.

E á fin, Señor Feijoo, os pequenos rasputíns que o están a encamiñar cara a tan nefastas decisións, serán ignorados pola Historia, e só sobre vostede caerá a responsabilidade desta navallada á lingua propia de Galicia. E os outros, os de fóra, nunca llo pagarán, porque non son de pagar. Fíxese en canto o loaba non hai moito quen agora lle chama publicamente “pardillo”

Queda moito por falar deste asunto, Señor Feijoo,  porque eu aquí seguirei, na loita polo futuro da miña lingua, e os que estamos na loita conservamos o respecto por nós mesmos, á súa decisión só lle espera a ignominia.

Atentamente,

Xabier P. DoCampo

Artigo publicado en Vieiros o 5 de xaneiro de 2010

<g:plusone size="small" annotation="inline"></g:plusone>

Lingua e sociedade civil, intervención de Xabier P. DoCampo en Ecolingua
Lingua e sociedade civil

Quero comezar por deixar constancia clara, sempre poñendo por diante o meu respecto polas persoas, da miña incomodidade ao me encontrar compartindo mesa cos negacionistas, con aqueles que procuran a asfixia da lingua propia de Galicia, con quen se esforza na ignominia de lle negar o aire pretendendo afogala.

Unha acción de agresión directa, unha actitude de obscena blasfemia contra a lingua galega propician e xustifican a aparición destas e doutras plataformas de defensa do galego, e todas co mesmo obxectivo: poñer ao descuberto as mentiras creadas para a organización e posta en marcha do desmantelamento dos tímidos avances en normalización lingüística en Galicia.

Con mentiras coma a da imposición do galego, embuste que todos (os negacionistas tamén) sabemos que o é, por mais que algúns, por seren parte interesada na súa aparición, teimen en negar a súa condición de trola e outros por covardía, xa que sabendo que nada hai de certo na afirmación da existencia dunha situación de imposición do galego nin agora nin antes nin nunca, por covardía -repito- intenten agocharse detrás da ambigüidade de que algunhas persoas así o percibiron e sentiron. Non, porque aínda que houbese quen sentiu que había tal imposición, sendo a verdade a que é e non outra, a función da Secretaría Xeral de Política Lingüística era a de aclararlles a verdade, que nunca houbo tal imposición e non mantelos no engano no que viven.

E permítaseme o persoal. Que me van dicir a min de imposicións aos meus anos e coa miña biografía de neno de aldea desprezado na escola, nas visitas á capital, na doutrina… A min que no ano 1956 portei, no Seminario Diocesano de Lugo, máis dunha vez a prenda vergonzante e visíbel da ignominia diante dos meus compañeiros, convidados a riren de min en altas gargalladas por ser eu sorprendido falando en galego. Tamén desde esta experiencia podo asegurar, amigas e amigos, que o da imposición do galego é unha vulgar mentira.

Como mentira é que as medidas de desprotección da lingua galega que se propoñen se fagan como consecuencia da falta de liberdade lingüística en Galicia. Iso é falso e falsarios son os que o din. Esa utilización sacrílega da palabra liberdade non é nova, sirva como camiño para rastrexar a orixe de tal espurio uso o que se di na páxina 110 dese libro que todas e todos coñecemos e que se titula Los hombres que no amaban a las mujeres de Stieg Larsson. Di Henrik Vanger cando se refire a seu irmán Richard “[…] se unió a la Asociación Nacionalsocialista Sueca por la Libertad, uno de los primeros grupos nazis del país. ¿No es fascinante que los nazis siempre consigan meter la palabra “libertad” en su propaganda?”

Con ambas cousas, a imposición e a liberdade lingüística, confeccionaron unha ficción ideolóxica ao estilo de “la niña de Rajoy” ou da “Raíña da beneficencia” creada polo goberno Reagan, como conta o filósofo Slavoj Žižek, e utilizada pola dereita norteamericana para a supresión do Estado social. Neste caso a ficción ideolóxica é “os nacionalistas e os seus cómplices os socialistas queren impoñer o galego e facer desaparecer o castelán de Galicia”. Que iso era unha falsidade, e que? Cando se dean de conta de tal xa estará inoculado o parasito no sangue do suficiente número de simples e xa se estende a epidemia. E quen vai negar que as imposicións son malas? Eu non. Quen non se alarma diante da ameaza de ver recortadas as súas liberdades? Ninguén. Pouco importa que o da imposición fose unha mentira, que ningún castelanfalante vise en perigo a súa liberdade lingüística, o caso era que o cresen irreflexivamente algúns, xa estaba montado o embuste.

Por iso digo e sosteño que todo, neste ataque á lingua galega, se baseou en mentiras e sobre as mentiras se está a construír un edificio que, cando caia, pódenos esmagar a todos, tamén aos seus arquitectos.

Eu, coma vós, escoiteille onte ao señor Secretario Xeral de Política Lingüística que este goberno defende a lingua galega e está na boa disposición de promover o seu uso. É certo que admitiu de mala gana que o da reforma da Lei da Función Pública non estivo aló moi ben. Tan mal está, digo eu, que é un ataque frontal aos galegos e galegas nos seus dereitos lingüísticos e laborais. Pero tamén deberá estar comigo en que, sen estar derrogado o decreto 124/2007 a vixilancia no seu cumprimento é moi, pero que moi deficiente á mantenta. Que na educación infantil houbo disposicións que propiciaron un retroceso no tocante á normalización lingüística.

Pero se as cousas son como di o señor SXPL e este goberno defende a lingua galega e promove o seu uso, poderá citarme unha soa norma ou disposición proposta nos seis meses que leva no goberno que dea fe de tal cousa. Non hai ningunha, só actitudes e disposicións que fan rever o seu uso e prestixio, unha serie de actuacións que só de glotocidio se poden cualificar.

Mentres, os membros do goberno adoptan actitudes de negacionismo con visíbeis mostras de chulería e revanchismo, iso si ao agocho do señor Feijoo que usa adoito o galego porque o rei encarga, pero nunca luxa as súa mans no sangue dos masacrados.

Ben, hai que ir acabando. E fareino deixando aquí uns puntos que ProLingua considera irrenunciábeis por se ter demostrado que este país funcionaba ben e en certa harmonía con eles:

a) Esiximos que a lingua galega, como lingua propia de Galicia, acade unha situación de oficialidade real e plena, sendo promovida a súa presenza en todos os ámbitos e situacións da sociedade, con especial promoción do seu uso naqueles ámbitos nos que se viu ate agora excluída: xustiza, empresa, medios de comunicación…

b) Que se manteña a totalidade dos contidos da actual Lei de Normalización Lingüística e que se faga cumprir.

c) Que as normas futuras se formulen de acordo cos contidos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e que sexan dirixidas á consecución dos obxectivos alí expresados.

d) Que calquera modificación que se puidese facer no futuro da LNL e do PXNLG se fagan co mesmo consenso unánime co que se elaboraron as vixentes.

e) Que non se leve a cabo ningunha modificación lexislativa nin normativa que signifique perda dos dereitos adquiridos polas galegas e galegos verbo do uso da lingua galega e do seu carácter de sinal de identidade galega.

f) E por último, no tocante a un novo decreto de uso da lingua galega no ensino non universitario, lembrar que, como xa quedou sobradamente expresado en sentenzas do Tribunal Constitucional e, recentemente, do Tribunal Supremo, sen dúbida ningunha, non existe o dereito á libre elección por parte dos pais da lingua vehicular da educación; que a Constitución Española non ampara tal dereito por inexistente, nin para don Estanislao nin para ninguén. Acabouse. Non hai máis voltas que lle dar.

Agora ben, se no novo decreto que están a cociñar lles dese por estabelecer tal dereito facendo caso omiso do que di a nosa LNL, estaría, quen tal faga, cometendo unha fraude contra a Constitución. ao andar a deseñar camiños tortos polos que falsear o seu espírito. Nunca máis me falen de respecto á Constitución cando vostedes pasan por enriba dela coma xogando aos saltapoxigos.

Desde ProLingua queremos dicir que nunca admitiremos un decreto que supoña perda de dereitos adquiridos. Non veñan con trampas. Non traian decretos que estabelezan, explícita ou implicitamente, máximos para o galego; non me saian con nomenclaturas inexistentes (materias troncais) nin as definan agora á comenencia; non veñan cun decreto que non inclúa na práctica docente o galego como lingua vehicular daquelas materias que a sociedade ten como termómetros de prestixio, por mais que a min me pareza unha valoración errada.

E non deixen de tomar en consideración que tanto a sociolingüística coma a pedagoxía e a didáctica admiten hoxe, con case unanimidade, que só as solucións que contemplan un reparto ao 50% en cada unha das linguas como instrumento vehicular do ensino garante, minimamente, a competencia nas dúas linguas ao finalizar o ensino obrigatorio, ese obxectivo que todos din perseguir e que a realidade demostra que non está acadado.

Vigo, 19 de decembro de 2009

Xabier P. DoCampo (ProLingua)

<g:plusone size="small" annotation="inline"></g:plusone>