ProLingua, plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega

voces

Nesta web anovada de ProLingua, Voces é unha sección que pretende servir de canle a diferentes opinións e análises da realidade expresadas por persoas da plataforma. Aínda que semelle obvio, non está de máis lembrarmos que, dada a natureza da nosa asociación, na realidade á que nos referimos entra calquera das múltiples facetas que teñan que ver coa lingua galega e coas súas manifestacións sociais e culturais. Sen fronteiras de ningún tipo, xaora que non. Estamos na Rede e nada humano nos é alleo. Un feito acontecido a miles de quilómetros pode ser do maior interese se serve para iluminar algún aspecto da nosa realidade.

As olladas de Voces non pretenden análises exhaustivas, senón expresarse con precisión e intensidade. Voces claras e directas, que deiten luz sobre aspectos da realidade que outros medios ignoran ou, as máis das veces, presentan desde unha mirada distinta á que nos define como ProLingua.

Está vostede a visualizar 1 post coa etiqueta uso

Filtro


Amosar por


Categorías


Etiqueta seleccionada

uso

Todas as etiquetas 223